WEBSITE CREATED IN

EMPRESA

Construccións Rocha Novoa nace no ano 2000 con moitas cousas que aportar a este sector. A empresa, con sede en Leirado (Salvaterra), desenvolve unha actividade completa en obras de carácter privado, pondo a disposición do cliente a tecnoloxía necesaria para afrontar os máis ambiciosos proxectos.


Construccións Rocha Novoa mantén un firme compromiso co cliente dende a primeira toma de contacto, aconsellando segundo os requirimentos e garantindo altos niveis de profesionalidade e dedicación. A confianza é para nós a base dun gran traballo e por iso o trato exquisito ao cliente é algo innegociable.


Construccións Rocha Novoa aposta en todo momento pola calidade nos seus acabados, acadada gracias a un grupo humano altamente cualificado e ós mellores colaboradores, que atopan sempre a solución estrutural máis satisfactoria. A implicación individual en cada proxecto convirte tódalas obras en retos colectivos.


Construccións Rocha Novoa é unha empresa próxima e sincera, unha empresa que non comeza unha obra sen ter a seguridade de que o resultado vai ser óptimo. A nosa premisa é entregar ó cliente un traballo inmellorable e dentro dos prazos previstos

Image description
Image description