Rehabilitacións. Se ten un inmoble especial, quere conservalo e devolverlle a vida que o deterioro lle quitou, non dubide en facelo, o encanto dos inmobles lonxevos é único. Na traxectoria desta empresa figuran varias vivendas que xurdiron de antigas construcións rurais.
Reformas. Nun servizo que require a máxima precisión para satisfacer necesidades de moi diversa índole, Rocha Novoa traballa coa polivalencia necesaria para afrontar a cotío reformas de exteriores, interiores, fachadas, locais ou muros, sempre con grandes resultados.
Piscinas de obra, a peza estrela dunha finca residencial. Cumprindo coa súa idea, aseguramos un acabado estilizado de calidade e a seguridade total dun funcionamento perfecto por longo tempo.
Desterros e urbanizacións de terreo. A nosa capacidade loxística permítenos ofrecer diferentes servizos no tratamento e ordenación do terreo. Dende movementos, escavacións e alisamentos de terra ata ó acondicionamento de xardíns, construcións de pavimentos e pistas deportivas ou a colocación de empedrados con adoquín, o cal é un tipo de obra na que temos ampla bagaxe.
Acondicionamento de vivendas. Se a súa obra residencial ten soamente a estrutura e fachada, pero inda está completamente baleira, Rocha Novoa afronta proxectos para a preparación total do interior ata acadar o acondicionamento desexado nunha vivenda confortable e ó gusto do propietario, lista para entrar a vivir nela.
Construccions Rocha Novoa, S.L. | Lombeira (Leirado), 16. Salvaterra de Miño | Telf. 986 65 77 79 // 606 308 979